19 / 11 / 2019
MARÍA XOSÉ LÓPEZ, NOVA DIRECTORA
DO ORFEÓN TRADICIONAL
COLEXIATA DO SAR
É un pracer anunciarvos que, desde o pasado mes de outubro, o Orfeón Tradicional Colexiata do Sar conta con nova directora. Trátase de María Xosé López, artista e docente cunha extensa e recoñecida traxectoria vinculada á música tradicional, a arte dramática e a cultura galega. Sen dúbida, a súa ampla experiencia e coñecemento axudaranos a sacar o mellor de tod@s @s que integramos este proxecto ilusionante e apaixonante, nacido no ano 2014 no seo da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.
30 / 07 / 2019
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2019/2020 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL
Xa se atopa aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.
23 / 07 / 2019
A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2019
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO
O sábado 27 de xullo, a partir das 21:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2019 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos. Ademais, como prólogo ao evento, as agrupacións participantes ofrecerán un desfile polas rúas da cidade.