23 / 02 / 2022
A AF COLEXIATA DO SAR PARTICIPARÁ
NAS CELEBRACIÓNS DO ENTROIDO 2022
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Por fin, un ano despois do parón obrigado pola pandemia, as festas do Entroido volverán ocupar as rúas de Santiago de Compostela entre o 26 de febreiro e o 5 de marzo, e a Agrupación Folclórica Colexiata de Sar participará nas celebracións organizadas polo Concello.
07 / 09 / 2021
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2021/2022 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Ata o vindeiro 30 de setembro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.
17 / 09 / 2020
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2020/2021 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Ata o vindeiro 31 de outubro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional, no que aplicaremos as directrices e protocolos de seguridade recomendados polas autoridades sanitarias. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.