31 / 07 / 2023

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2023/2024 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

Ata o vindeiro 30 de setembro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

22 / 06 / 2023

A AF COLEXIATA DO SAR CONVÍDAVOS
A PARTICIPAR NO FESTIVAL
FOLK NA BEIRA DO SAR 2023

AF Colexiata do Sar: Folk na beira do Sar

O sábado 1 e o domingo 2 de xullo convidámosvos a participar no festival FOLK NA BEIRA DO SAR 2023, unha nova edición destas xornadas de cultura e convivencia no Camiño da Prata. A continuación presentámosvos o programa de actividades, que culminarán cun gran fin de festa a cargo de Carlos Núñez.

15 / 05 / 2023

ACTUACIÓN DA AF COLEXIATA DO SAR
NAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2023
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: Festas da Ascensión

xoves 18 de maio, con motivo da celebración das Festas da Ascensión 2023 en Santiago de Compostela, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará no concerto «Música da Nosa», coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.