16 / 09 / 2013

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2013/2014 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Anunciámosvos que, dende hoxe luns 16 de setembro ata o venres 4 de outubro, se encontra aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula pode realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario, ou ben chamando aos teléfonos 696 733 368 ou 629 714 972.

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

A nosa escola imparte clases de baile tradicional, canto e pandeireta e gaita e percusión tanto a nenos e mozos de 4 a 14 anos coma a adultos. Nesta páxina encontraredes máis información, así como un formulario para matricularvos no curso 2013/2014, que arrancará o sábado 5 de outubro ás 11:00 horas.