05 / 09 / 2013

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NUNHA NOVA EDICIÓN
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

O sábado 7 de setembro, a partir das 21:30 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará nunha nova edición das Xornadas de Folclore Galego, cita de referencia da cultura tradicional galega que, dende hai máis de tres décadas, se organiza en Santiago de Compostela.

A Colexiata do Sar nas Xornadas de Folclore Galego

Ao igual que nas anteriores edicións, esta exhibición de música e baile tradicional celebrarase na compostelá Praza da Quintana, e estará precedida por un desfile dos grupos participantes dende a Alameda de Santiago, de onde partirán ás 21:00 horas.

Ademais da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, tamén actuarán nas Xornadas de Folclore Galego os grupos Brincadeira, Cantigas e Agarimos e Ultreia.