A NOSA ESCOLA
PROMOVEMOS A CONSERVACIÓN DAS NOSAS RAÍCES
E DA NOSA RIQUEZA CULTURAL
Coa fundación da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar nace tamén a Escola de Danza e Música Tradicional, que ten por obxectivo formar tanto a adultos como a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos na danza tradicional, introducíndoos no mundo do folclore popular para garantir o futuro da Agrupación e, deste xeito, promover a conservación tanto das nosas raíces como da nosa riqueza cultural.
Actualmente, a Escola está integrada polas seccións de baile tradicional, gaita, percusión, canto tradicional, pandeireta, linguaxe musical e solfexo, clarinete, saxo e acordeón, e o corpo de profesores está formado por Rafael Sexto Alende, Ana Suárez Blanco, Javier Sexto, Analía Gonzalez, Alfonso Rodríguez Landeira, Jesica Beiroa e Ricardo Martínez.
Podedes consultar aquí os horarios, e neste vídeo ofrecemos algunhas indicacións e exemplos orientativos do vestiario recomendado para os alumnos.
ÚNETE Á ESCOLA
DA COLEXIATA
Os campos marcados cun { * } son obrigatorios.
O campo marcado cun { ** } só é obrigatorio para os menores de 14 anos.
Moitas grazas por contactar con nós.
En breve recibirás un email coas instrucións para completar a túa solicitude.